Un dia na tolemia de Xian

Caía polo precipicio. Cara ao abismo. O vento asubíaballe nas orellas. Fiuuuuu, fiuuuu. E de súpeto Tititití, tititití, tititití, tititití. Pestanexou catro veces. Repetiu catro veces o binomio: Parede azul-nubes negras. Parede azul-telón malva. Parede azul-negro e malva. Parede azul- negro e malva. Parede azul. Vira o pescozo e aparece o teito branco, pero, curioso, xa non hai negro e malva que o acompañe. Contracción do abdome, dobramento do pescozo, frio nas costas. Pelos como escarpias. Pantallazo negro atravesado por unha liña branca. Dor punzante baixo a caluga.

Unha mala postura. Cabeza a un lado. Cabeza ao outro. Pes frios. Brisa fresca no medio da habitación semidourada polo sol. Os pes tocan o chan. Frío. Ergue os pes. Volve baixalos na busca das zapatillas. Pero toca o chan. Frío. Volve levantalos pés. Baixaos, atopa unha superficie de felpa, veluda, suave. Deslizas as plantas dos pés cara adentro. O veludo faille cóxegas. Pero non pode rir. Érguese.

De súpeto xa está na rúa. Parada do bus. Barra metálica transversal sustentada por dos paos verticais. Unha muller loura no centro. Ollos verdes que miran para o chan. Aproveita para mirarlle as tetas. Escote en pico, unha liña vertical que separa dous planteas grandes e semellantes: El e ela. Ela ergue rápido a cabeza. El torce a mirada. Torce o pescozo. Pantallazo negro atravesado por unha liña branca. Dor.

Filas de coches pasando diante deles. Ningún deles é o seu bus. Odia a tódos e cada un dos coches por non ser o bus que el agarda. Bus no horizonte. O número é… O número é… Cona! Non distingue o puto número! O cinco! É o cinco!… Si, é o cinco! Perfecto! Non era sen tempo! Xa quedan poucos metros. Vai subir… Merda! É o catro! Dios, como odio o puto catro!, sempre dando polo cú… Media volta. Regreso á parada. E a muller loura? Subiría ao bus? Arrrgg! Como odio o puto catro!

Xa é tarde. O bus non pasa. Comeza a camiñar. Nota as xuntas das lousas baixo os pés. O sol dálle nas palpebras. Os raios atravesaban as nubes. Salitre no ar. Frio nas meixelas. Doelle a cara. Intúe o mar tras os edificios. Camiña. Dor na pranta dos pés. Maldito catro!

 

 

 

 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s