o cinco

Xian camiñaba pola banda horizontal. De súpeto, o tramo do camiño terminaba de xeito abrupto nunha parede completamente vertical. Xian deu media volta e podía ver como alí terminaba o camiño. Asomouse ao precipicio e pudo ver un bandullo redondo que sobresaía e ía directo cara o chan.

Brun, brun… O parabrisas cortaba o vento a toda velocidade na fría mañá. Por fin chegou á parada. Pero alí non estaba Xian. O bus púxose moi triste. Sempre lle pasaba igual. Levaba tres días indo pola parada na busca de Xian e el nunca estaba.

O cinco odiaba a Xian. Quen foi a que lle roubou ao seu querido pasaxeiro? Non podía sabelo. O cinco levaba moitos soños que non tiñan quen os soñara, agora que Xian non estaba. Ían todos apertados dentro e íaos baixando en cada parada. E para cando acabou o día, xa non había soños, nin esperanzas, nin desexos, pasou por diante dunha tenda de tatuaxes, e foi durmir ao garaxe. E apagáronse as luces.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s