O bus catro

O cabelo rubio destacaba entre a xente que ía naquel bus. Ela era loura, moi loura, tan loura que non saberíamos dicir se tiña o cabelo dourado ou, se cadra, levaba un sol pegado ao corpo. Un  corpo que pensa. Un pensamento en forma de corpo.

Dúas tetas e moitos pensamentos. Dúas tetas, dúas tetas. Tetas que botan. Tetas que pensan. Tetas que son parte do corpo. Así pensaban aquelas dúas tetas que navegaban entre lembrazas nun maxín de tolo.

E pensaban. Qué pensaban aquelas dúas tetas? Pensaban… O ruido do bus non lle deixaba pensar. Aquelas tetas non podían pensar con claridade. Run, run, run. En fronte, dous ollos fitan cara dúas tetas por riba dun balado feito de papel de xornal, frustración, ereccións matutitnas e disimulos. Frustración. O bus catro era todo frustración. Maldito bus catro!

Baixa na quinta parada. Todo son ollos que fitan para ela. Ollos que fitan cara as súas tetas. Síntese insegura e comeza a correr. As tetas botan, e botan e botan. E o cabelo bota, bota enrriba daquelas tetas.

Por fin chegou á tenda de tatuaxes.

Boca abaixo, unha agulla punzándolle as costas. AAAAAhh, Oooooohhh, Sssshhh, AAAAAAh!!! Gotas vermellas caen sob as costelas. Tatuaxe terminado. Xusto na unión entre os pescozo e as costas. Comézanlle sair pequenos bultiños ao longo de todo o debuxo. O tatuador é un inutil. Vaino denunciar. Ten a pel rota.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s