As retinas

As retinas son unha parte do ollo. Os ollos reflecten a luz que vén do sol. E así poden percibir os obxectos que as rodean. Como unha habitación de paredes azuis. Isto é o que adoita acontecer cos ollos normais. Pero os ollos de Xian podían iluminar de seu. Pero claro, el non podía sabelo. E os demais tampouco, porque non estaba moi habituado a sair polas noites. E de día a luz do sol camuflaba os seus propios ollos. O problema viña cando os pechaba para durmir polas noites.

Pois a luz dos seus ollos reflectíase nas súas palpebras creando un telón de cor malva e tamén negro. Isto era debido a que dende fóra os ollos deixaban pasar a luz escura do seu cuarto. Deste xeito ambas iluminacións (a dos seus ollos e a do cuarto) misturábanse, e froito da reacción podía ver puntiños de cor danzando entre sí, dando voltas. Os puntiños íanse facendo mais grandes e transformábanse en cabalos e en nenos enriba deles.

Había foguetes que estouraban no ceo, desfacéndose en lapas de cores. Olor a algodón de azucre. El lambía unha piruleta collida cunha man mentres coa outra agarraba a man do seu pai. Mirouno e el deulle un sorriso curvo. Tan curvo que terminou por converterse na silueta dunha muller fermosisima de cabelo rubio. Un cabelo rubio que botaba arriba e abaixo. Sobre os senos espidos. El boquexaba deitado boca arriba. Boca-con-boca. Notaba os beizos daquela muller sobre os seus e só vía escuridade. Os beizos dela separáronse e conforme se afastaban do seu rostro ían aparecendo un nariz, unha boca, uns ollos, un rostro rodeado dunha melena loura que colgaba cara el coma  un conxunto de  lianas douradas que se axitaban arriba e abaixo. O rostro fitaba para el… E boquexaba…. Como os nenos cando montan a cabalo nun tíovivo.

A escuridade apoderouse del. Non era capaz de ver nada. Só sentir. Pasou as mans polas costas dela e notou uns pequenos puntiños que sobresaían da zona onde se xunta o pescozo coa espalda. Un bulto, outro bulto, outro bulto… Un cinco… O amor está escrito en braille.

A cara achegouse tanto a el que, de novo, xa non era capaz de vela. Só era capaz de sentir a súa boca rodando pola meixela ata a súa orella. O vento zooulle nos oídos, primeiro ao ritmo dun Ahh!, aaaaahhhh!, ahhhhhh!,ssssshhh!, ooooohh!, ahhh!, AAAAAAAAAAH! para logo fundirse nun fiu, fiuuu, fiuuuu

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s